Durante os días 15 e 16 de maio celébranse no noso centro as Xornadas "A empresa nas aulas", coa intención de proporcionar ao alumnado das diferentes familias profesionais coñecementos e ferramentas fundamentais para achegarse ao mundo laboral.
O obxectivo é o de potenciar as relacións coas empresas do contorno e favorecer o intercambio de experiencias entre alumnos, profesores e o mundo empresarial.
Esta actividade enmárcase dentro do proxecto FPEMPRESA, un proxecto de innovación iniciado por 89 centros de formación profesional de toda España, e ao que se están incorporando un grande número de empresas, coa idea de buscar formas de colaboración que aporten máis valor a ambas partes e á sociedade.
Este é o horario das diferentes actividades.
O galego é a lingua propia de Galicia, que ten preto de 2,800,000 habitantes. Pero aos falantes do galego temos que engadirlles outros 75,000 que suman as áreas limítrofes de Asturias, León, Zamora e un pequeño territorio do noroeste de cacereño (datos da Xunta de Galicia).
A Real Academia Galega ofrécenos na súa páxina datos moi reveladores do uso do galego en Europa e no mundo. Sabías que o galego está no posto 160 das 5.500 linguas que se contabilizan no mundo? E que é a segunda lingua europea non oficial a nivel de estado que máis se fala en Europa?
Preme aquí se queres ter máis info. Sorprenderaste.
(http://www.realacademiagalega.org/datos-uso)
Aberto o segundo prazo de presentación de solicitudes para realizar probas libres de títulos extinguidos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990 (títulos LOXSE) do 10 ao 21 de maio de 2012.
No caso do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro poderanse realizar as probas para os módulos correspondentes aos títulos:
- Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos
- Técnico en Xestión Administrativa
Publicouse a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas. Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
A primeira reunión da fase de asesoramento terá lugar no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro o luns 14 de maio ás 16:30h. Nesta reunión informarase ás persoas candidatas sobre o proceso concreto de avaliación e acreditación, e sobre os principais contidos das unidades de competencia correspondentes. Así mesmo, entregaráselles a documentación da fase de asesoramento e faráselles unha explicación sobre ela.
A asistencia ás reunións da fase de asesoramentos é obrigatoria, polo que o candidato/a que non a asista perderá o dereito a participar na fase de avaliación.
Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega para mozos e mozas de 14 a 35 anos, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude con motivo do 17 de maio, Día das Letras Galegas e de Internet.
O concurso Lingua de namorar consiste en enviar unha mensaxe de amor, dun máximo de 350 caracteres, que poderá redactarse en prosa ou en verso. Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso.
Para participar cubrirase un formulario de inscrición no que xa se redactarán as mensaxes e o prazo para facelo rematará o 17 de maio.
O vindeiro luns comezará o curso AFD "Xestión contable e xestión administrativa para auditoría" (ADGD0108) en horario de 16 a 21 h.
Despois da proba de selección, estableceuse a relación de admitidos/as e suplentes.
No momento de incorporarse ao curso é necesario:

Publicáronse as listaxes das cualificacións provisionais das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.
Poderanse presentar reclamacións contra estas cualificacións provisorias os días 26, 27 e 30 de abril e 2 de maio, ante o presidente ou a presidenta do tribunal avaliador, no centro onde se realizase a inscrición.







