O noso equipo para competicións de ciberseguridade, Ucha_CTF, formado por alumnado e ex-alumnado dos ciclos de informática e do Curso de especialización en ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información, acabou o ano 2023 situado na 5ª plaza nacional dun total de 64 equipos inscritos na plataforma ctftime.org, que unifica as puntuacións acadadas nas diferentes competicións de ciberseguridade organizadas a nivel internacional.

Parabéns tanto ao alumnado como ao profesorado polo bo facer que permitiu acadar ao equipo Ucha_CTF ese merecido 5º posto!