Estamos nun momento do curso en que moito estudantado ten que tomar decisións, eleccións e camiños na súa formación. Para que este labor sexa algo máis doado, convén ter información de primeira man.

Por iso, comprácenos convidar ao alumnado de 4º ESO e de Bacharelato, así como ás súas familias que así o desexen, a coñecer a nosa oferta formativa, explicada polos nosos propios docentes, nunhas Xornadas de Portas Abertas, que se celebrarán nas seguintes datas:

  • Mércores 3 de abril, en horario de tarde, entre as 16:30 horas e as 20:00 horas (para visitas individuais, familias, grupos de amigos…)
  • Xoves 4 de abril, pola mañá, entre as 9:30 horas e as 13:30 horas (para grupos de centros educativos)

Rogamos confirmación da asistencia de grupos de alumnado, sobre todo para a xornada do xoves 4 na queda de mañá, para poder organizar mellor a vosa acollida e atención.

Podes ver no cartel das xornadas a organización horaria das mesmas: