CM SISTEMAS MICROINFORMÁTICOS E REDES
FAMILIA PROFESIONAL
Informática e comunicacións
TÍTULO QUE SE OBTÉN
Técnico en Sistemas microinformáticos e redes
SAÍDAS PROFESIONAIS
Estas persoas exercen a súa actividade nomeadamente en empresas do sector de servizos dedicadas á comercialización, á montaxe e á reparación de equipamentos, redes e servizos microinformáticos en xeral, como parte do soporte informático da organización, ou en entidades de calquera tamaño e calquera sector produtivo que utilicen sistemas microinformáticos e redes de datos para a súa xestión.
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Técnico/a instaladora/a ou reparador/a de equipamentos informáticos.
- Técnico/a de soporte informático.
- Técnico/a de redes de datos.
- Reparador/a de periféricos de sistemas microinformáticos.
- Comercial de microinformática.
- Operador/a de teleasistencia.
- Operador/a de sistemas.
Plan de estudos
Primeiro curso
| Módulos |
| Aplicacións ofimáticas |
| Montaxe e mantemento de equipamentos |
| Redes locais |
| Sistemas operativos monoposto |
| Itinerario persoal para a empregabilidade I |
| Inglés profesional |
| Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo |
Segundo curso
| Módulos |
| Aplicacións web |
| Seguridade informática |
| Servizos en rede |
| Sistemas operativos en rede |
| Empresa e iniciativa emprendedora |
| Formación en centros de traballo |
IDIOMA
As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán. No caso de haber seccións bilingües autorizadas, eses módulos profesionais incorporarán tamén a lingua estranxeira establecida en ditas seccións bilingües
MÁIS INFORMACIÓN
OUTROS ESTUDOS
DE INTERESE