CURSO DE ESPECIALIZACIÓN EN CIBERSEGURIDADE EN CONTORNOS DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN
FAMILIA PROFESIONAL
Familia: Informática e comunicacións
Sistema educativo: LOE
Grao: Superior
Horas: 720
Código: CSIFC50
TÍTULO QUE SE OBTÉN
Certificación académica.
SAÍDAS PROFESIONAIS
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en entidades dos sectores onde sexa necesario establecer mecanismos e medidas para a protección dos sistemas de información e redes de comunicacións.
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son:
- Experto/a en ciberseguridade.
- Auditor/a de ciberseguridade.
- Consultor/a de ciberseguridade.
- Hacker ético.
Plan de estudos
Módulos | Horas |
Incidentes en ciberseguridade | 140 |
Bastionado de redes e sistemas | 160 |
Posta en produción segura | 120 |
Análise forense informático | 120 |
Hacking ético | 120 |
Normativa de ciberseguridade | 60 |
IDIOMA
As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán.