CS ADMINISTRACIÓN DE SISTEMAS INFORMÁTICOS EN REDE
FAMILIA PROFESIONAL
Informática e comunicacións
TÍTULO QUE SE OBTÉN
Técnico superior en Administración de sistemas informáticos en rede
SAÍDAS PROFESIONAIS
Este profesional exerce a súa actividade na área de informática de entidades que dispoñan de sistemas para a xestión de datos e infraestrutura de redes (intranet, internet e/ou extranet).
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Técnico/a en administración de sistemas.
- Responsable de informática.
- Técnico/a en servizos de internet.
- Técnico/a en servizos de mensaxaría electrónica.
- Persoal de apoio e soporte técnico.
- Técnico/a en teleasistencia.
- Técnico/a en administración de base de datos.
- Técnico/a de redes.
- Supervisor/ora de sistemas.
- Técnico/a en servizos de comunicacións.
- Técnico/a en contornos web.
Plan de estudos
Primeiro curso
Módulos | Horas |
Fundamentos de hardware | 107 |
Implantación de sistemas operativos | 213 |
Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información | 133 |
Planificación e administración de redes | 213 |
Xestión de bases de datos | 187 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Segundo curso
Módulos | Horas |
Administración de sistemas operativos | 140 |
Administración de sistemas xestores de bases de datos | 70 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Implantación de aplicacións web | 122 |
Seguridade e alta dispoñibilidade | 105 |
Servizos de rede e internet | 140 |
Proxecto de administración de sistemas informáticos en rede | 26 |
Formación en centros de traballo | 384 |
IDIOMA
As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán. No caso de haber seccións bilingües autorizadas, eses módulos profesionais incorporarán tamén a lingua estranxeira establecida en ditas seccións bilingües