CS DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS WEB (A DISTANCIA)

FAMILIA PROFESIONAL

Familia: Informática e comunicacións

Sistema educativo: LOE

Grao: Superior

Horas: 2000 (52% no centro educativo – 48% na empresa)

Código: ZSIFC02

TÍTULO QUE SE OBTÉN

Técnico superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web.

SAÍDAS PROFESIONAIS

As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas ou entidades públicas ou privadas, por conta allea ou por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións informáticas relacionadas con contornos web (intranet, extranet e internet).

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son:

  • Programador/ora web.
  • Programador/ora multimedia.
  • Desenvolvedor/ora de aplicacións en contornos web.

      Plan de estudos

      Primeiro curso (réxime para as persoas adultas – modalidade a distancia)

       Módulos Horas
       Bases de datos 187
       Contornos de desenvolvemento 107
       Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información 133
       Programación 240
       Sistemas informáticos 186
       Formación e orientación laboral 107

      Segundo curso (réxime para as persoas adultas – modalidade a distancia)

       Módulos Horas
       Desenvolvemento web en contorno cliente 157
       Desenvolvemento web en contorno servidor 175
       Empresa e iniciativa emprendedora 53
       Deseño de interfaces web 157
       Despregamento de aplicacións web 88
       Proxecto de desenvolvemento de aplicacións web 26
       Formación en centros de traballo 384

      IDIOMA

      As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán.