CS DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS MULTIPLATAFORMA
FAMILIA PROFESIONAL
Informática e comunicacións
TÍTULO QUE SE OBTÉN
Técnico superior en Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma
SAÍDAS PROFESIONAIS
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en entidades públicas ou privadas de calquera tamaño, tanto por conta allea como por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións
informáticas multiplataforma en diversos ámbitos: xestión empresarial e de negocio, relacións con clientes, educación, lecer, dispositivos móbiles e entretemento; aplicacións desenvolvidas e implantadas en contornos de alcance intranet, extranet e Internet; e implantación e adaptación de sistemas de planificación de recursos empresariais e de xestión de relacións con clientes.
- As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Desenvolvedor/ora de aplicacións informáticas para a xestión empresarial e de negocio.
- Desenvolvedor/ora de aplicacións de propósito xeral.
- Desenvolvedor/ora de aplicacións no ámbito do entretemento e a informática móbil.
Plan de estudos
Primeiro curso
| Módulos |
| Bases de datos |
| Contornos de desenvolvemento |
| Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información |
| Programación |
| Sistemas informáticos (* Impartido en sección bilingüe) |
| Inglés profesional |
| Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo |
| Itinerario persoal para a empregabilidade I |
Segundo curso
| Módulos |
| Acceso a datos |
| Desenvolvemento de interfaces |
| Empresa e iniciativa emprendedora |
| Programación de servizos e procesos |
| Sistema de xestión empresarial |
| Programación multimedia e dispositivos móbiles |
| Proxecto de desenvolvemento de aplicacións multiplataforma |
| Formación en centros de traballo |
IDIOMA
As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán. No caso de haber seccións bilingües autorizadas, eses módulos profesionais incorporarán tamén a lingua estranxeira establecida en ditas seccións bilingües
