Redacción de contidos dixitais para márketing e vendas

FAMILIA PROFESIONAL

Comercio e márketing

 

TÍTULO QUE SE OBTÉN

Título de Máster de Formación Profesional en Redacción de contenidos digitales para marketing y ventas ou Certificación académica de asistencia con aproveitamento (segundo a modalidade de acceso á formación).

 

SAÍDAS PROFESIONAIS

As persoas que obteñan o Título de Máster de Formación Profesional ou a certificación académica de asistencia con aproveitamento que acredite a superación deste curso de especialización poden exercer a súa actividade profesional dentro da área ou departamento de mercadotecnia, publicidade e comunicación, así coma nas áreas de negocio e/ou marca dixital, dedicadas a actividades de xestión da estratexia de mercadotecnia dixital.

As ocupacións e postos de traballo máis relevantes son os seguintes:

a)    Directores/as de mercadotecnia dixital (Digital Strategist).
b) Directores/as de mercadotecnia de crecemento (
Growth Marketing Director).
c) Directores/as de comercio electrónico (
e-Commerce Manager).
d) Especialistas en captación e fidelización de clientes (
Inbound Marketing Specialist).
e) Xestores/as de contidos (
Content Manager).
f) Redactores/as de textos publicitarios (
Copywriter).
g) Xestores/as de redes sociais e comunidades dixitais (
Community Manager).

 

PLAN DE ESTUDOS

Módulos
Comunicación en redes sociais (120 horas)
Estratexia de Contidos dixitais (130 horas)
Redacción de contados dixitais (160 horas)

 

Idioma

As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán. No caso de haber seccións bilingües autorizadas, eses módulos profesionais incorporarán tamén a lingua estranxeira establecida en ditas seccións bilingües.

Outras referencias

Accesibilidade