CS TRANSPORTE E LOXÍSTICA (DUAL INTENSIVA)

DATOS DO CICLO

Familia profesional: Comercio e márketing
Sistema educativo: LOE
Grao: Superior
Horas: 2000 (60% no centro educativo – 40% na empresa)
Código: SCOM01

 

TÍTULO QUE SE OBTÉN

Técnico superior en transporte e loxística

 

SAÍDAS PROFESIONAIS

Xefe de tráfico de empresas de transporte de viaxeiros por estrada, en actividades de transporte e en actividades de transporte combinado; xefe de operacións, de estación de autobuses, de circulación, de almacén, de administración en transporte terrestre, aéreo, marítimo e multimodal; xerente da empresa de transporte; inspector de transporte de viaxeiros por estrada; xestor de transporte por estrada; administrativo de servizo de transporte por estrada; axente de transportes e de carga; comercial de servizos de transporte; operador de transporte porta a porta e loxístico; transitario; consignatario de buques; técnico en loxística do transporte e en loxística inversa; coordinador loxístico.

 

    Plan de estudos

    Módulos profesionais a impartir no primeiro ano de convenio (2025-2026)

     Módulos
    MO0004 – Afondamento nas competencias profesionais (GS)
    MP0624 – Comercialización do transporte e a loxística
    MO0002 – Habilidades comunicativas en lingua estranxeira
    MP0179 – Inglés profesional
    MP1709 – Itinerario persoal para a empregabilidade I
    MP1708 – Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo
     MP0622 – Transporte internacional de mercadorías
    MP0627 – Xestión administrativa do transporte e a loxística
    MP0623 – Xestión económica e financeira da empresa

     

    Idioma

    As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán (agás os módulos específicos de linguas estranxeiras). No caso de haber seccións bilingües autorizadas, eses módulos profesionais incorporarán tamén a lingua estranxeira establecida en ditas seccións bilingües

    Accesibilidade