CS ASISTENCIA Á DIRECCIÓN
FAMILIA PROFESIONAL
Administración e xestión
TÍTULO QUE SE OBTÉN
Técnico superior en Asistencia á dirección
SAÍDAS PROFESIONAIS
O Ámbito de traballo é asistir a dirección e outros departamentos nas actividades de organización, representación da entidade e funcións administrativa e documental, así como xestionar a información e a comunicación interna e externa, e realizar outras tarefas por delegación, utilizando, en caso necesario, a lingua inglesa e/ou outra lingua estranxeira, aplicando a normativa e os protocolos de xestión de calidade que aseguren a satisfacción da clientela ou dos usuarios, e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.
As ocupacións a desempeñar son: Asistente á dirección, asistente persoal, secretario/a de dirección, asistente de despachos e oficinas, asistente xurídico/a, asistente en departamentos de recursos humanos, administrativo/a na Administración e en organismos públicos.
Plan de estudos
Primeiro curso
Módulos | Horas |
MP0179. Inglés | 160 |
MP0647. Xestión da documentación xurídica e empresarial | 80 |
MP0648. Recursos humanos e responsabilidade social corporativa | 80 |
MP0649. Ofimática e proceso da información | 240 |
MP0650. Proceso integral da actividade comercial | 133 |
MP0651. Comunicación e atención á clientela | 160 |
MP0665. Formación e orientación laboral | 107 |
Segundo curso
Módulos | Horas |
MP0180. Segunda lingua estranxeira | 157 |
MP0661. Protocolo empresarial | 158 |
MP0662. Organización de eventos empresariais | 158 |
MP0663. Xestión avanzada da información | 157 |
MP0664. Proxecto de Asistencia á Dirección | 26 |
MP0667. Formación en centros de traballo | 384 |
Idioma
As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán (agás os módulos específicos de linguas estranxeiras). No caso de haber seccións bilingües autorizadas, eses módulos profesionais incorporarán tamén a lingua estranxeira establecida en ditas seccións bilingües