CS ADMINISTRACIÓN E FINANZAS (DUAL INTENSIVA)
FAMILIA PROFESIONAL
Administración e xestión
TÍTULO QUE SE OBTÉN
Técnico superior en Administración e finanzas
SAÍDAS PROFESIONAIS
As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade, nomeadamente no sector de servizos, así como nas Administracións públicas, desempeñando as tarefas administrativas na xestión e no asesoramento nas áreas laboral, comercial,
contable e fiscal desas empresas e institucións, ofrecéndolles un servizo e atención á clientela e á cidadanía, realizando trámites administrativos coas administracións públicas e xestionando o arquivo e as comunicacións da empresa.
Poderían traballar por conta propia, efectuando a xestión da súa propia empresa, ou a través do exercicio libre dunha actividade económica, como nunha asesoría financeira ou laboral, estudos de proxectos, etc.
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Administrativo/a de oficina.
 - Administrativo/a comercial.
 - Administrativo/a financeiro/a.
 - Administrativo/a contable.
 - Administrativo/a de loxística.
 - Administrativo/a de banca e de seguros.
 - Administrativo/a de recursos humanos.
 - Administrativo/a da Administración pública.
 - Administrativo/a de asesorías xurídicas, contables, laborais e fiscais, ou xestorías.
 - Técnico/a en xestión de cobramentos.
 - Responsable de atención á clientela.
 
Plan de estudos
Módulos profesionais a impartir no segundo ano de convenio: 2024-2025
| Módulos | 
| Contabilidade fiscalidade | 
| Simulación empresarial | 
| Xestión de recursos humanos | 
| Xestión financeira | 
| Xestión loxística e comercial | 
| Lingua estranxeira profesional II | 
Idioma
As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán (agás os módulos específicos de linguas estranxeiras). No caso de haber seccións bilingües autorizadas, eses módulos profesionais incorporarán tamén a lingua estranxeira establecida en ditas seccións bilingües