A Dirección Xeral de FP convoca axudas para mobilidades de profesorado de ciclos de graos básico e medio dentro do proxecto 2024-1-ES01-KA121-VET-000237308 do que o noso centro forma parte.

As actividades durarán entre 2 e 5 días, poden consistir en aprendizaxe por observación ou na realización de cursos e non poderán rematar despois o 31/05/2026.

As solicitudes xunto coa documentación aportada enviaranse á conta de correo electrónico

programas.internacionais.cifp.rodolfo.ucha@edu.xunta.gal

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 06/02/2026 e os detalles da baremación inclúense no documento que explica o procedemento de selección.

Accesibilidade