CM XESTIÓN ADMINISTRATIVA – DISTANCIA
FAMILIA PROFESIONAL
Administración e xestión
TÍTULO QUE SE OBTÉN
Técnico en Xestión administrativa
SAÍDAS PROFESIONAIS
Este profesional exerce a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade e nomeadamente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle atención á clientela e á cidadanía.
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Auxiliar administrativo/a.
- Axudante de oficina.
- Auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos
- Administrativo/a comercial.
- Auxiliar administrativo/a de xestión de persoal
- Auxiliar administrativo/a das administracións públicas.
- Recepcionista.
- Empregado/a de atención á clientela.
- Empregado/a de tesouraría.
- Empregado/a de medios de pagamento.
OFERTA PARCIAL DE MÓDULOS NO CURSO 2023-2024
Módulos profesionais correspondentes ao primeiro curso
Módulos | Horas |
Operacións administrativas da compravenda | 133 |
Técnica contable | 133 |
Tratamento informático da información | 267 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Inglés | 160 |
Módulos profesionais correspondentes ao segundo curso
Módulos | Horas |
Empresa e administración | 123 |
Tratamento da documentación contable | 105 |
Idioma
As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán (agás os módulos específicos de linguas estranxeiras). No caso de haber seccións bilingües autorizadas, eses módulos profesionais incorporarán tamén a lingua estranxeira establecida en ditas seccións bilingües