Os grupos de alumnos de 1º de FPB de Informática de Oficina e 2º do CS de Administración e Finanzas asistirán durante o mes de febreiro a dúas sesións formativas sobre finanzas impartidas por voluntarios de Banco Santander.

Este programa de Edu Emprende, está enmarcado dentro do Convenio de colaboración establecido entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, o Banco Santander e UCEIF (Fundación da Universidade de Cantabria para o estudo e a investigación do sector financeiro) coa fin de establecer un marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor, no marco do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo Eduemprende.

O obxectivo desta formación e promover o emprendemento e a cultura financeira no sistema educativo non universitario como motores da innovación, a competitividade e o crecemento da economía.

Programa formativo para FPBásica: “Como xestionar mellor a túa economía”

As datas previstas son o 3 e o 17 de febrero de 11:40h. a 12.:40h. na aula 8 e co seguinte programa:

  • Consumo intelixente: Educación Financeira. Por que é importante saber de finanzas? Consumo Intelixente: Por que facer un presuposto?;
  • Aforro e aprender a aforrar: Os diferentes usos do diñeiro. Consumo e aforro responsables. Como administrar o diñeiro de forma eficiente nunha economía familiar. Proxectos solidarios.
  • O concepto de rendibilidade e o custo de oportunidade. Investimentos rendibles vs. investimentos solidarios.

Programa formativo para CS Administración e finanzas: “Investimentos e iniciativa emprendedora”

As datas están pendentes de se determinar e celebrarase na aula 10 co seguinte programa:

  • Deseñando o futuro: Empregado vs. traballador por conta propia. Nómina vs. orzamento/factura. Impostos: IRPF, IVE. Cotización á Seguridade Social.
  • Proxectos de negocio: Plan de negocio. Modelo Canvas. Idea: Proposta, actividades e recursos. Asociacións: Clientes e socios. Comercial: Canles e relación. Números: Estrutura, custos e fluxo de ingresos.
  • Que hai que coñecer para montar unha empresa: Persoa física vs. persoa xurídica. Principais tipos de empresa. Puntos a valorar. Cadro comparativo.
  • Como facer medrar a miña empresa. Tipos de financiamento: Financiamento propio (3F e autofinanciamento) e financiamento alleo (crowfunding, crowlending, subvencións, Business Angel) Conta de resultados simplificada.