AULA VIRTUAL
NOVAS
ORIENTACIÓN
DOCUMENTACIÓN
BIBLIOTECA
BOLSA EMPREGO
FP A DISTANCIA
Revista (efG)
AVISOS DO CENTRO
RECOLLIDA DE TÍTULOS ACADÉMICOS
Xa se atopan na oficina do centro os títulos solicitados a fins do ano 2020 e ao longo de todo o ano 2021.
As persoas que os solicitaron poden pasar a retiralos en horario de oficina provistos do documento de identidade. En caso de que non acuda a persoa interesada, quen a represente deberá traer unha autorización asinada e mais a fotocopia do DNI do titulado/a xunto co seu propio documento identificador.
INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA o día das PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO superior (18 de abril)
– É imprescindible traer o documento oficial de identidade e a copia selada da folla da solicitude de inscrición
– Poderanse utilizar os seguintes materiais:
1.- Bolígrafos de tinta negra ou azul (ningunha outra cor)
2.- Calculadora científica, excepto que sexa programable, gráfica ou con capacidade para almacenar e transmitir datos. Soamente se pode empregar nas probas de Matemáticas, Física, Tecnoloxía industrial, Química e Economía da empresa
3.- Lapis, compás, regra, escuadro e cartabón, para a proba de Debuxo técnico.
– Non se admitirá ningún aparello capaz de recibir, transmitir nin almacenar información, como, por exemplo, teléfonos móbiles.
Información completa das probas premendo aquí