Este obradoiro desenvolveuse o pasado día 24 de xaneiro para o alumnado do CS de Administración e finanzas da quenda da mañá e vaise volver realizar o vindeiro día 7 de febreiro en horario de tarde para o alumnado do mesmo ciclo pero de modular.

Baixo o título de “Facendo números”, o obradoiro explica ao alumnado asistente o manexo da ferramenta “Vaible” que é clave nos procesos de emprendemento, para avaliar o potencial dunha idea como xeradora de valor.

Nas tres horas que dura o obradoiro, moi práctico, o alumnado recibe as explicacións por parte de María Traveso, consultora experta en emprendemento da empresa Promove consultoría, e ten a oportunidade de poñer en práctica parte dos conceptos aprendidos. A sesión realízase nas aulas para que cada asistente dispoña do seu propio ordenador persoal para resolver os exercicios propostos.

Velaí un par de fotografías do obradoiro de mañá, xa celebrado: