Se pensas que isto de emprender non vai contigo creo que podes estar algo errado. Segundo o dicionario da RAG, emprender significa acometer e comenzar unha obra , un negocio , un empeño , especialmente se presenta certas dificultades.

Non é necesario montar un negocio para emprender. Xa o facemos dende o momento en que nos propoñemos un reto, ou perseguimos un logro que nos parece inalcanzable.

Se queres aprender a emprender, anímote a asistir os eventos que temos programados:

  • Conferencia-coloquio Eduemprende – Actúa, o próximo venres 12 de febreiro de 11.00 a 12.30 no salón de actos (aforo limitado) e Webex. O obxectivo deste evento é achegar a realidade emprendedora ao alumnado coa presenza activa dunha técnica do IGAPE e de varios emprendedores que darán a coñecer a súa experiencia persoal.
  • Ciclo de conferencias e talleres motivacionais relacionados co emprendemento. Estamos a traballar nun programa completo de charlas e talleres que nos animen a todos a emprender un reto. Nuns días adiantaremos algo máis do que estamos preparando.
  • Concurso de Ideas Mini-market, co apoio da Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrolterra (AJE). No terceiro trimestre os alumnos de 1º curso poderán aprender a crear unha idea, traballala e presentala ao público. Disporán de 5 talleres para preparar a súa participación neste concurso que ten premios valorados en 500€.
  • Concurso de proxectos de fin de ciclo, para os alumnos que rematan este curso. Aproveitando o esforzo feito para superar esta proba podes presentarte ó noso concurso de proxectos e obter unha gratificación extra. Terás que convencer a un xurado composto por emprendedores e profesores e tamén terás que movilizar aos teus compañeiros para optar a un dos varios premios que tendrá o concurso.

Dende aquí, anímote a solicitar unha visita ás instalacións do viveiro de empresas do noso centro. Estamos dispoñibles nos dous recreos do luns, e polas tardes baixo petición.

Só tes que avisarnos enviando un correo a: elenaac@cifprodolfoucha.es

Moitas grazas e vémonos polos eventos de emprende. Ánimo!


Información sobre o programa emprende