Mercedes Valcarce, profesora de Administración e Finanzas e Asistencia á Dirección, viaxou a Portugal do 7 ao 11 de xuño para realizar unha actividade de “job-shadowing” enmarcada dentro do proxecto 2020-1-ES01-KA103-078405 do Programa ERASMUS+ do noso centro educativo

A profesora aproveitou a súa estancia para visitar e ver como traballa a parte administrativa a empresa JM Europe LDA e ao mesmo tempo diferentes empresas da rexión de Aveiro na zona centro de Portugal. As empresas visitadas pertencen a varios sectores distintos e están en relación con bastantes das ensinanzas implantadas no CIFP Rodolfo Ucha: Sunlive (deportes) LaserNet (informática) Paraiso Hotel LDA e Praia da Costa Nova (turismo)… xa que outro dos obxectivos da visita foi establecer contactos coas empresas da zona para que acollan no futuro ao noso alumnado en prácticas que se decida a solicitar unha mobilidade ERASMUS+