Elisardo de la Cruz – Empatía Comunicación https://www.empatiacomunicacion.com/

O pasado luns, 23 de xaneiro, as 8.20 da mañá, recibimos na aula 7 (Espazo de Emprendemento), a Elisardo de la Cruz, Director creativo e fundador da axencia de comunicación e publicidade Empatía Comunicación. O grupo de alumnas e alumnos do 2º curso do Ciclo superior de Márketing e Publicidade tivo a oportunidade de compartir con Elisardo un momento distendido e próximo, e estiveron acompañados pola súa titora, Lía López.

Ademais de escoitar como foron os inicios de Elisardo e como creou a empresa, con interesantes anécdotas como a forma de financiamento da mesma, os alumnos e alumnas recibiron gran cantidade de consellos de cara a inserción laboral. O encontro que ía durar unha hora, rematou as 10:20 debido as preguntas e interese amosado polo alumnado do ciclo. Cabe mencionar que a empresa Empatía Comunicación é colaboradora habitual do Rodolfo Ucha para os períodos de formación en centros de traballo (FCT) e agora 4 ex-alumnos e alumnas que fixeron as prácticas con Elisardo están traballando na súa empresa ou por conta allea como colaboradoras habituais.

Velaí algunhas fotografías do encontro: