O venres 25 de novembro realizamos no noso centro os actos en repulsa da violencia de xénero e neste marco proxectamos nunha pantalla xigante,un vídeo cos carteis que se presentaron a concurso e mais outros que se atopan expostos no vestíbulo do 1º andar á entrada do salón de actos.
Limos tamén un manifesto elaborado polo alumnado de 2º do CM de Actividades Comerciais e, tras gardar un minuto de silencio, plantamos un arbusto conmemorativo.
Ademais enchemos un mural de mans violetas baixo o título de “Bota unha Man 25N“.
Estes actos, que xa se están convertendo en tradicionais, tiveron a súa replica na quenda de tarde, onde o manifesto foi elaborado polo alumnado do CS de Transporte e Loxística. (Se queres ler a versión orixinal en castelán, preme aquí)
Por outra banda, fíxose público o resultado dunha enquisa sobre xénero que se pasou entre o alumnado. Os resultados sempre son interesantes de analizar e máis en días coma este.
Respecto ao concurso de carteis, proclamáronse os premiados que reproducimos deseguido:
Os autores dos carteis premiados foron os seguintes:
- Primeiro premio: Cristian Vázquez Salazar, Salud García Salazar, Lorena López Vila e Marta Barcala Santos (2º CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais)
- Segundo premio: Ainoha Varela López (2º CS de Márketing e Publicidade)
- Terceiro premio: Marta Salutregui López (2º CS de Márketing e Publicidade)