Recorda que dos 18 aos 30 anos podes conseguir o teu Carné Xove para obter diferentes vantaxes e acceder a descontos, bolsas, premios, concursos, prácticas formativas,… tamén a accións de voluntariado ou gozar de estadías en diferentes lugares.

En relación aos descontos, na quinta edición do Mallorca Love Festival que terá lugar os días 14, 15 e 16 de maio en Calviá (Mallorca) podes mercar o teu abono anticipado en liña con descontos do 20% e 25%. Infórmate na páxina do Mallorca Live Festival.

Tamén Cntravel ofrece un desconto do 5% no Programa Galicia Elixe Galicia, da Xunta de Galicia. Co carné xove podes solicitar ata o 3 de marzo de 2020 a túa praza para viaxar en 2020 ou tamén parte do ano 2021 e gozar dunhas vacacións nas catro provincias galegas. Consulta a información e benefíciate destas vantaxes.

Para manterte informado de todo isto e ser o primeiro en recibir as novas, conéctate ao Whatsapp de Xuventude!

Informámosvos tamén da Tarxeta Xente Nova, para todos os que vos tedes que desprazar en bus. Esta tarxeta poderala empregar ata os 20 anos, ou 21 no caso de que teñas saldo pendente de esgotar. Consulta máis información en Xuventude.