Onte martes 7 de novembro, alumnado de CS Guía, información e asistencia turísticas, acompañadas polas súas profesoras Elena Aneiros e Rebeca Miramontes, a espectacular duna móbil de Corrubedo e maila súa marabillosa contorna.

Trátase dunha duna de máis dun quilómetro de longo, 250 metros de largo e uns 20 metros de altura. En canto ás lagoas, a de Vixán, é de auga doce, e a de Carregal, de auga salgada. Entrámbalas dúas acollen entre xuncos e carrizos ás 3.000 aves acuáticas que viven aquí: cercetas, mazaricos, culleretes, pirlos, píllaras e lontras.

Nesta ligazón poderedes obter máis información do parque e gozar de fermosas fotografías que demostran o privilexio que ten o noso alumnado deste ciclo onde o estudo e o traballo levan asociadas excursións e viaxes a lugares ben fermosos.