Outra máis, da serie de visitas ao Centro Loxístico de Inditex en Arteixo, que está realizando o noso alumnado das familias de Administración e Xestión e mais Comercio e Márketing, coa fin de coñecer o seu sistema de distribución loxística.

Neste caso, o martes pasado, 15 de novembro tivo lugar a visita do alumnado do CM de Xestión Administrativa modular.
Estiveron dúas horas e media coñecendo tanto as oficinas como os distintos sectores de distribución terrestre e aéreo. O alumnado puido facer preguntas e ver os distintos procesos de entrada e saída da mercancía dende ben preto, interactuando cos empregados e vendo como realizaban as súas tarefas.
Unha boa aproximación ao mundo laboral que todos e todas gozaron e no que aprenderon moito.

Achegamos imaxe aínda que, nesta ocasión, non todas quixeron retratarse e só aparecen cinco persoas do grupo de alumnas acompañadas pola súa profesora Diana Núñez.