Alumnado do Ciclo Superior de Proxectos de Edificación, acompañados polos profesores José Luís Méndez e Miguel Ángel González acudiron esta semana á Feira de Construción, Rehabilitación, Arquitectura e Deseño CONCRETA, que se celebrou entre o 13 e o 16 de outubro na cidade de Porto.

Á espera do seu regreso para ver que nos contan, agardamos que a experiencia lles resultase todo o interesante que parece, xa que se trata duns dos eventos máis importantes do sector, de cantos se celebran a unha distancia razoable da nosa cidade.