O grupo2 de alumnado de 2º de Desenvolvemento de Aplicacións Web (DAW) vén de rematar o proxecto da 1ª avaliación pertencente ao módulo de Desenvolvemento Web en Contorno Servidor integrado no Plan Proxecta “Aprendo programando”. Este grupo realizou un sitio web orientado á concienciación sobre o aforro enerxético empregando a linguaxe visual Scratch e a linguaxe de programación web PHP. O aforro enerxético serve como temática transversal e pon en práctica o aprendido nas xornadas de formación realizadas durante esta avaliación.

O sitio web amosa unha serie de utilidades que permiten realizar cálculos sobre o gasto enerxético en diferentes ámbitos. A aplicación web por completo foi elaborada polos estudantes aplicando os coñecementos adquiridos no módulo durante esta primeira avaliación.

Pódese acceder libremente ao sitio web dende a seguinte ligazón: Sitio web para concienciar sobre o aforro enerxético.