Despois de que por mor da situación de confinamento, o ano pasado non se puidera elaborar a revista do centro, o equipo de dinamización da lingua galega (EDLG) retomou unha vez máis a súa elaboración, e xa van oito números.
Aínda que este tampouco foi un curso normal e as actividades dos diferentes departamentos víronse moi reducidas, empeñámonos en que a revista volvese saír para reflectir o traballo realizado e cubrir as habituais seccións de cultura e lecer, tentando retomar un pouco a normalidade.
Como xa fixéramos a última vez, a edición impresa repartirémola ao comezo do vindeiro curso, tras as vacacións de verán. Pero para todos aqueles que non poidades ou non queirades agardar, podedes descargala xa picando nesta ligazón ou directamente sobre a portada da revista.
Moitas grazas a todos os que colaborastes na súa elaboración e a toda a comunidade educativa que sae nela.
Oxalá sexa do voso agrado e gocedes coa súa lectura.
Deica o número nove.