A Universidade de Santiago de Compostela vén de recoñecer como uns dos mellores expedientes de formación profesional no curso 2021-2022, os obtidos por:

  • Kevin Pita García
  • Vanesa Romero López
  • Andrea Veiga López

Kevin cursou no noso centro o Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma, Vanesa o Ciclo Superior de Márketing e Publicidade e, con anterioridade, o Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais e por último, Andrea fixo con nós o Ciclo Superior de Administración e Finanzas, despois de rematar o Ciclo Medio de Xestión Administrativa.

Dende o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro queremos transmitirlles a gran satisfacción que os recoñecementos obtidos nos producen e tamén mandámoslles os nosos máis efusivos parabéns.

Estamos moi orgullosos deles tres.