A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca o programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa 2019.

OBXECTO DA SUBVENCIÓN: 
Procedemento de concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva e conforme aos principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación, con cargo ao Plan operativo de emprego xuvenil (en adiante, POEX), para a realización de prácticas formativas non laborais en entidades/empresas públicas ou privadas en países europeos:
Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, P. Baixos, Polonia, Portugal, *Azores, *Madeira, R. Checa, R. Unido, Romanía e Suecia.

Obxectivos que se pretenden acadar:
– Incrementar as posibilidades de inserción laboral para a mocidade
– Complementar a competencia profesional e persoal
– Adquirir competencias en idiomas estranxeiros e reducir os obstáculos lingüísticos
– Fomentar a autonomía persoal

DURACIÓN DAS PRÁCTICAS FORMATIVAS:  mínimo de 2 meses e máximo 3 meses consecutivos. Rematará en todo caso o 30 de novembro de 2019. Mínimo de 100 horas mensuais.

QUEN PODE REALIZAR A MOBILIDADE TRANSNACIONAL?
A mocidade non ocupada e non integrada nos sistemas de educación ou formación, inscrita como beneficiaria no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da Comunicade Autónoma de Galicia e que teña cumpridos 18 anos. Estes requisitos han de cumprirse o día en que presenten a solicitude de concesión da subvención.
Non poderán participar nas mobilidades as persoas que resultaran beneficiarias en convocatorias anteriores do programa Galeuropa.

Requisitos de inscrición no ficheiro do SNIGX:
-Ter menos de 30 no momento de solicitar a inscrición do ficheiro
-Non ter traballado no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
-Non ter recibido accións educativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación. 
-Non ter recibido accións formativas  no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
Para inscribirse no SNGX: http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/accesoJovenes.html

galeuropa191
galeuropa192

Para máis información: 981 544 645, 981 544 854, 981 545 822, 981 545 937

–  mozos/as galeuropain-garantiaxuvenil@xunta.gal
–  entidades sen ánimo de lucro e concellos galeuropapr-garantiaxuvenil@xunta.gal
Para inscribirse no SNGX: http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/accesoJovenes.html


Folleto informativo

PRAZO DE SOLICITUDE: 29 de maio de 2019


Máis información e en http://xuventude.xunta.es/programas-eu/8845-galeuropa-2022 no DOG do 29 de abril de 2019