O pasado 23 de abril, día de San Xurxo, foiDía do Libro e como todos os anos gústanos conmemorar a data coa proclamación dos vencedores no noso concurso de microrrelatos, que chega este ano xa á súa XI edición. E como xa ven sendo tradición no noso centro, agasallamos a toda comunidade educativa cun caravel e unha cartolina cos microrrelatos que acadaron o primeiro e o segundo premio.

Ante todo darlles os máis sinceros parabéns a Nadine Fonseca Lopes, de 2º curso do CS de Marketing e Publicidade, que acadou o 1º premio co microrrelato  titulado “Testemuñas da veciñanza; e tamén a Gabriel Méndez Teijeiro, alumno de 2º do CM de Sistemas Microinformáticos e Redes do réxime ordinario, que se fixo merecedor do 2º premio coa obra “O prezo da nostalxia, en disputada competencia nesta undécima edición do concurso onde cada vez recibimos microrrelatos de maior calidade. Parabéns tamén para todos eles e moitas grazas por participar.

Queda pendente a entrega dos premios que faremos coincidir coa celebración que se organice para conmemorar do Día das Letras Galegas, que este ano se lle dedica á escritora coruñesa María Luísa Villalta Gómez, gran poeta, activista e profesora.

Deseguido reproducimos os microrrelatos gañadores e tras deles vai unha galería coas fotos do reparto dos caraveis e os textos polo centro. Agardamos que vos gusten :