O pasado 23 de abril, día de San Xurxo, foi Día do Libro e como todos os anos gústanos conmemorar a data coa proclamación dos vencedores no no noso concurso de microrrelatos, que chega este ano xa á súa X edición. Ademais procedimos a repartir polo centro, caraveis e unhas cartolinas impresas cos microrrelatos que acadaron o primeiro e o segundo premio. Todo isto fixémolo o pasado venres 28 de abril.

Ante todo darlles os máis sinceros parabéns a Ángel López López de 2º do CS de Proxectos de Edificación, que acadou o 1º premio titulado “Cuestión de perspectivae tamén a Gabriel Méndez Teijeiro de 1º do CM de Sistemas Microinformáticos e Redes do réxime ordinario, que se fixo merecedor do 2º premio coa obra “Mestre sen máster, en disputada competencia con máis de 50 participantes que nesta décima edición do concurso conseguiron bater de novo o récord de participación. Parabéns tamén para todos eles e moitas grazas por participar.

Queda pendente a entrega dos premios que faremos coincidir coa celebración que se organice para conmemorar do Día das Letras Galegas, que este ano se lle dedica ao intelectual mariñán e fundador da Editorial Galaxia Francisco Fernández del Riego.

Deseguido reproducimos os microrrelatos gañadores e tras deles vai unha galería coas fotos do reparto dos caraveis e os textos polo centro. Agardamos que vos gusten :