Publicada a Resolución do 29 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento da convocatoria do curso 2019-2020 das probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A Resolución establece as datas do período de solicitudes de matrícula para as probas libres de títulos LOE de formación profesional e as datas para a celebración das probas.

Matriculacióndo 1 ao 12 de xuño de 2020
Calendario das probasprimeira quincena de setembro de 2020

No enlace seguinte pódese consultar a Resolución así como as datas de matriculación e de celebración das probas, ademais de información importante relativa ás mesmas:

http://www.edu.xunta.gal/fp/novas-datas-para-celebracion-das-probas-acceso-grao-medio-grao-superior-convocatoria-2020