O vindeiro 1 de xuño de 2021, ás 10:00 horas celebrarase de xeito presencial no centro a xornada de acollemento para as persoas matriculadas nas probas libres co fin de transmitir información sobre o desenvolvemento das mesmas e tamén para aclarar as dúbidas que xurdan.

Lembramos que, tal e como indica a normativa destas probas libres, a asistencia a esta xornada é de obrigado cumprimento para as persoas matriculadas en ditas probas. A non asistencia inxustificada á mesma, suporá a baixa de oficio nas probas e, polo tanto, a non posibilidade de presentarse ás mesmas.