Durante o curso 2024/2025 os alumnos e a alumna de segundo do ciclo de desenvolvemento de aplicacións web (DAW) do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro participan no Proxecto Paisaxe e sustentabilidade dentro da iniciativa de innovación educativa Plan Proxecta.

O obxectivo principal é fomentar o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial pero en temáticas comprometidas coa consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.

Pasada a segunda avaliación rematáronse os últimos traballos a incorporar no proxecto. Finalmente queda dispoñible o sitio web do proxecto coas seguintes funcionalidades:

  • Base de datos de miradoiros.
  • Actividades sostibles en Puntos de Interese.
  • Atlas de paisaxes do Camiño Inglés.
  • Quiz interactivo de sostenibilidade.
  • Candidaturas a Patrimonio Mundial.
  • Ficha de toma de datos contruccións illadas en solo rústico.
  • Base de datos de proxectos de voluntariado.
  • Identificación de lugares en imaxes.
  • Calculadora de pegada hídrica.
  • Calculadora de pegada de carbono.
  • Calculadora de consumo.
  • Calculadora de reciclaxe.
  • Base de datos de monumentos.
  • Xogo de rol de preguntas.

Convidámosvos a probar e xogar coas actividades e recursos elaborados polo alumnado de 2º DAW!!

Accesibilidade