
Coincidindo cos últimos días do curso celebráronse as exposicións finais do alumnado do Ciclo Superior de Proxectos de Edificación na aula EiiE (Espazo de Investigación e Innovación de Edificación).
Tras dous anos de formación, presentaron o desenvolvemento do proxecto dunha Escola Infantil, un exercicio integrador que reflicte os coñecementos e habilidades adquiridos durante o ciclo.

Durante as presentacións, o alumnado demostrou un enfoque creativo combinado co tratamento de aspectos técnicos e construtivos.
O proceso de deseño contou co uso de ferramentas profesionais como AutoCAD, Revit, Twinmotion e Arquímedes, que lles permitiron abordar o modelado 2D e 3D, a visualización arquitectónica con gran nivel de detalle e realismo ou o cálculo do orzamento do proxecto.

Os traballos foron expostos #ante o profesorado mostrando, ademais da calidade técnica dos proxectos, a capacidade comunicativa e profesional de cada estudante.
Queremos felicitar a todo o alumnado polo esforzo, a dedicación e a evolución demostrada ao longo do ciclo. Parabéns!