Durante a pasada fin de semana chegáronnos novas fotografías da interesante demostración, dentro da especialidade de Industria 4.0, no campionato nacional de Formación Profesional SpainsKills 2022, da profesora Patricia Grueiro Cercido xunto coa alumna do Curso de Especialización en Ciberseguridade en Contornos das tecnoloxías da Información Lidia López Pérez. A alumna ten rematado tamén no noso centro o ciclo superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede.

A demostración foi en colaboración co alumno do CIFP Ferrolterra, Ramón Sixto Serantes, do ciclo superior de Automatización e Robótica Industrial, co que Lidia formou equipo. Aínda que non houbo vencedores, todos e todas saíron gañando coa súa participación no evento, nunha especialidade que supoñía unha novidade dentro do SpainSkills e da que tiraron aprendizaxes moi interesantes non so no eido profesional senón tamén nas relacións principiadas con outro alumnado participante co que se conviviu e co que se compartiron experiencias inesquecibles.

Velaí van esas fotos: