Os pasados días 25, 26 e 27 de outubro tivo lugar no recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda, a 7ª edición do Campionato Galego de Formación Profesional GaliciaSkills 2023 onde alumnado de Formación Profesional de diferentes centros educativos de Galicia realizaron diversas probas nas que demostraron as súas destrezas e capacidades. Neste campionato desenvolvéronse 24 modalidades de competición e 4 modalidades en demostración nas que participou alumnado de centros de Formación Profesional ademais de 3 modalidades de competición para alumnado de Centros de Educación Especial.
O alumnado gañador en cada modalidade de competición pasará a formar parte do equipo galego que representará ao noso país no Campionato Nacional de Formación Profesional, SpainSkills 2024, que se celebrará en Madrid en abril do vindeiro ano.

En representación do noso centro acudiu a alumna Ainhoa Carrasco Sueiras da familia profesional de Comercio e Márketing, titorizada pola súa profesora Míriam García Calaza. Acudiron en condición de participantes a un campionato que é considerado como a olimpíada da formación profesional e onde o noso centro tamén foi organizador a través da figura experta da nosa compañeira profesora Rocío García Brandeiro. Todo o equipo realizou unha magnífica exhibición de escaparatismo que nos fixo lucir a un gran nivel e que deixou ao centro nun moi bo lugar. Queremos agradecerlles dende aquí o arduo traballo realizado e transmitímoslles os nosos parabéns polo resultado impecable e moi profesional que conseguiron. Non queremos esquecernos de facer extensible o agradecemento á empresa patrocinadora Pull & Bear e a todos os seus traballadores e traballadoras que fixeron posible este éxito.

Deseguido, picando na seguinte ligazón poderedes acceder á reprodución dun vídeo que temos cargado na nosa canle de YouTube e máis abaixo poderedes ver unha ampla colección de fotografías dos preparativos e a celebración do campionato.

Velaí van esas fotos:

Preparación o martes:



Materiais:



Grupos:



Bosquexos:



Escaparates Mércores:



Bodegóns xoves:



Pull & Bear: