Xa coñecemos a oferta educativa que imos ter no noso centro para o vindeiro curso 2021-2022.

É importante ter en conta que a oferta de réxime de persoas adultas na modalidade presencial que temos no centro non é de ciclos completos. Polo tanto, recomendamos consultar no centro que módulos se impartirán o vindeiro curso en cada un dos ciclos formativos ofertados nese réxime e modalidade.

Para coñecer toda a información sobre Formación Profesional en Galicia, así como tamén a oferta educativa completa visita https://www.edu.xunta.es/fp/. Tamén nas redes sociais co hashtag #FPGalicia