O alumnado do Ciclo Superior de Proxectos de Edificación recibiu esta semana formación no noso centro sobre Prevención do traballo con amianto. Xestión, manipulación e tratamento.

As xornadas formativas foron organizadas polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia ISGGA coa colaboración do Departamento de Edificación e Obra Civil do CIFP Rodolfo Ucha.
A o longo de oito sesións, alumnado e profesorado tivo a oportunidade de coñecer as actividades e operacións nas que os traballadores do sector da construción están expostos ou son susceptibles de estar expostos ás fibras de amianto ou aos materiais que as conteñen.

O alumnado recibirá unha certificación oficial desta formación.