O Carné Xove é unha tarxeta para a xuventude que permite obter descontos e vantaxes nas entidades colaboradoras en Galicia, no resto de España e nos 40 países europeos adheridos ao programa.

Este ano presenta as seguintes novidades:

  • A partir de agora, este carné será enviado de xeito gratuíto ao domicilio dos mozos e mozas galegos de entre 12 a 30 anos.
  • Suprimiranse as taxas para a súa renovación, polo que a súa vixencia será indefinida ata que o titular cumpra os 30 anos.
  • Terá unha nova imaxe moderna e actual, adaptada aos requisitos da EYCA.
  • A través da aplicación móvil de xeolocalización será máis doado localizar os establecementos adheridos ao programa.

Se actualmente tes un carné xove, non é preciso que o solicites, pois recibirás o novo carné no teu domicilio.

No caso de querer solicitar o carné xove, deberás facelo de xeito telemático por sede electrónica ou nun dos puntos emisores do carné xove.

Se che interesan outros carnés para a mocidade podes consultalos aquí.

Lembra que se queres coñecer a información de xuventude, podes unirse á súa canle de WhatsApp.

Por último, se aínda non segues a nosa canle de Instagram de Xuventude Rodolfo Ucha animámovos a facelo!