O teu Carné Xove ten múltiples vantaxes! Velaquí van algunhas:

A partir de hoxe teredes un novo desconto dun 40% no Salón Teatro do Centro Dramático Galego de Santiago.

Tamén a Consellería de Política Social conseguiu a anexión ao Carné Xove das entidades concesionarias dos servizos de transporte interior de autobús en Galicia.

Podes consultar as entidades adheridas, as liñas de transporte, os descontos e condicións aplicables para os titulares do Carné Xove na ligazón.