Neste artigo podes ver todas as novas relacionadas co voluntariado da xuventude:

Subvencións a proxectos de voluntariado xuvenil: convocada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para subvencionar diferentes proxectos que realicen as entidades de acción voluntaria e entidades locais inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia. Consulta toda a información aquí.

Programa de acompañamento nos Hospitais e Centros de saúde: este proxecto consiste no acompañamento e apoio á información das persoas que reciben asistencia sanitaria nos centros públicos galegos, co obxectivo de humanizar e mellorar a experiencia dos pacientes. Infórmate máis sobre este programa.

Voluntariado en Espazos naturais 2020: organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado no marco do proxecto LEWO, para sensibilizar e fomentar o respecto polo patrimonio natural de Galicia e preservar e potenciar estas zonas coa xuventude voluntaria. Consulta a páxina de voluntariado para obter máis información.

Voluntariado en Europa: a través da participación no Corpo de Solidariedade Europea, que ofrece á mocidade a oportunidade de participar en diferentes proxectos que podes consultar dende a páxina de Europa.eu.