Os Correspondentes queremos informar das novas relacionadas co acceso a diferentes tipos de formación:

Se vos interesa facer un ciclo formativo da Formación Profesional, dende o 25 de xuño ao 8 de xullo ás 13:00 horas tedes aberto o prazo de inscrición para o réxime ordinario e para persoas adultas. As modalidades poden ser presencial, semipresencial e a distancia.

Consulta a oferta de ciclos formativos de FP e, se queres inscribirte, cubre a solicitude que aparece na páxina de FP.

Se o que vos gusta son os deportes, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca o acceso ás ensinanzas deportivas para o próximo curso académico. O prazo de inscrición remata o 8 de xullo e podes consultar todos os requisitos de acceso na web de Xuventude. Atoparás máis información no DOG do 23 de xuño de 2020.

Se estades interesados noutro tipo de formación, deixamos a continuación os enlaces ao proceso de inscrición e requisitos de acceso ás seguintes ensinanzas :

Ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

Ensinanzas de Deseño.

Ensinanzas de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

Ensinanzas Musicais.

Ensinanzas de Arte Dramático.