Nestes días, moitos vos preguntades que vai pasar co 3º trimestre do curso e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, publicou as Instrucións para a o desenvolvemento do terceiro trimestre deste curso 2019/2020.

Por outra banda, a CIUG ou Comisión Interuniversitaria de Galicia, publicou como serán os modelos de exames para a ABAU. Pódense consultar na seguinte ligazón.

Como propostas educativas, a Secretaría Xeral da Emigración crea Aula GaliciaAberta, para manter a actividade formativa e divulgativa da cultura galega, con catro seminarios en liña de: Baile galego, Gaita galega, Percusión de man e canto tradicional galego e Percusión tradicional. Comezarán a finais de abril e rematarán en xuño, son gratuítos e públicos. Se estades interesados, consultade o Facebook Live.

Como sabedes, é importante manterse en forma, sobre todo nestes días de confinamento, por iso o Concello da Coruña publica unha serie de exercicios para practicar na casa, adaptados por idades polos monitores das Escolas Deportivas Municipais. Podes consultalos na súa páxina web.

Para o entretemento destes días, a Asociación Senunpeso publica nas redes as curtas de A fume de carozo, que podedes consultar dende a páxina de Xuventude.

Por último, se participaches no concurso #30díasencasa do Injuve, xa podes ver a exposición virtual das ilustracións seleccionadas na seguinte ligazón.