Se tes máis de 16 anos, podes participar nas Probas libres para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) é quen convoca estas probas, cuxo temario garda relación co módulo formativo MF0233_2 “Ofimática” (190 horas).

Para preparar as probas, a rede CeMIT ten no apartado de formación os materiais do curso CODIX que pretende servir de apoio aos participantes. A inscrición nestas probas debe facerse na páxina do CeMIT, ata o 5 de abril de 2021. Consulta máis información no DOG do 25 de marzo de 2021 e os lugares e calendario das probas.

Por outra banda, se estás pensando en continuar os teus estudos, na páxina web de Xuventude podes consultar o catálogo formativo que tes en Galicia e en España. Tamén podes ver máis información sobre titulacións, saídas profesionais, aloxamentos, etc.

Por último, compartimos con vós os Vídeos educativos da Comisión Europea sobre: educación financieira, seguridade na internet, protección de datos e consumo sostible.