Bolsas para a mocidade deportista da provincia da Coruña. A Deputación da Coruña convoca estas bolsas para apoiar a práctica e o rendemento deportivo da xuventude residente nun concello da provincia da Coruña. Establécense tres categorías ou grupos para concorrer a elas:

  • A: de 12 a 17 anos, persoas nacidas a partir do 1 de xaneiro de 2004 (incluido).
  • B: de 18 a 23 anos, persoas nacidas a partir do 1 de xaneiro de 1998 (incluido).
  • C: de 24 a 30 anos, persoas nacidas a partir do 1 de xaneiro de 1991 (incluido).

Para participar, as solicitudes presentaranse por vía telemática, a través da plataforma SUBTEL, da páxina web da Deputación da Coruña. O prazo remata o 23 de abril de 2021 ás 14:00 horas. Máis información no BOP da Coruña do 26 de marzo de 2021.

Bolsas AIE para estudos musicais 2021/2022. A Sociedade de Artistas convoca o Programa de BECASAIE para a realización de estudos musicais, en España ou no estranxeiro para o próximo curso académico.

Estas axudas son para estudantes de Grao Medio ou Superior, ou profesionais da música en activo. Consulta máis información na súa páxina web. O prazo de solicitudes remata o día 23 de abril de 2021.