Esta semana presentamos os novos puntos de reforzo para activar o carné Xove. Recordade que é un requisito necesario para que poidades empregar os vosos carnés xoves e gozar das súas vantaxes, tamén podes consultalo no Anexo en PDF.

Para os estudantes de Formación Profesional que comecen ou continúen os seus estudos temos novidades. A Consellería de Educación convoca as prazas de residencia nos centros residenciais docentes galegos para o próximo curso. Consulta a información no DOG e na ligazón. As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica ata o 2 de agosto de 2021.

Por último, deixámosvos a oferta formativa de Galicia e España, para que botedes unha ollada. Podedes consultar dende ensinanzas universitarias, ciclos formativos, ensinanzas de réxime especial, e máis información.

Vémonos o próximo curso! Boas vacacións!