Esta semana ofrecémosvos novas sobre cursos de inmersión en lingua inglesa, como xestionar a privacidade da vosa conta Google e información xeral sobre a oferta e matriculación en FP.


Se es estudante de ciclo superior e bolseiro e queres estudar inglés, seguramente esteas interesado nos cursos de inmersión en lingua inglesa convocados no BOE do 9 de xuño a través da universidade internacional Menéndez Pelayo.


Ben é sabido que Google e os seus servizos son moi populares, por non dicir imprescindibles. Porén, non ten tanto éxito a configuración da privacidade deste tipo de ferramentas.

A maior parte da sociedade aínda non está concienciada das implicacións que pode supoñer unha incorrecta configuración da información persoal nos servizos gratis de Internet. Se queres coñecer máis ao respecto, podes asistir ao seguinte webinar.


Por último, lembrar de novo nesta entrada os prazos do proceso de admisión e da oferta formativa de FP.


Boa fin de semana.