Os correspondentes xuvenís estamos pendentes do que acontece en Europa e das oportunidades de movilidade que poidan xurdir, por iso vos invitamos a que consultedes o boletín mensual de Eurodesk.

Eurodesk é unha rede europea de información e orientación á xuventude que difunde oportunidades de movilidade europea para a aprendizaxe, promociona contidos de interese xuvenil e resolven calquera consulta que poidades ter. Podes atopar información no Portal Europeo da Xuventude, na web de Eurodesk España e na de Eurodesk Europa.

Outra nova que temos é sobre o Parlamento Europeo, que abre as súas portas á mocidade de toda Europa para que poidan facer propostas e os escoiten. Isto faise a través do programa European Youth Even, EYE 2020, do que poderás atopar máis información na ligazón.

A participación no programa EYE 2020 conta con diferentes actividades para as persoas participantes de entre 16 a 30 anos, de maneira gratuíta pero previa inscrición ata o 29 de febreiro de 2020.

En EYE 2020 podes unirte á rede de voluntariado, que che proporcionará experiencia laboral no Parlamento Europeo e permitirache coñecer mozos e mozas do espazo europeo.

Por último, o Instituto da Xuventude convoca as axudas para realizar actividades no capítulo de Xuventude do Programa de acción comunitario Erasmus+. Consulta toda a información por se puidera ser do teu interese.