Calquera interesado ou interesada nalgunha das catro accións formativas dirixidas a persoas desempregadas, do ámbito de catro das nosas familias profesionais e que che presentamos deseguido …

  • ADGG0210 Creación e Xestión de Microempresas, da familia de Administración e Xestión.
  • IFCD0111 Programación en linguaxes estruturadas de aplicacións de xestión, da familia de Informática e Comunicacións.
  • EOCO0109 Control de Proxectos e Obras de Construción, da familia de Edificación e Obra Civil.
  • COMT0112 Actividades de Xestión do Pequeno Comercio, da familia de Comercio e Márketing.

… podedes pasarvos pola secretaría do noso CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro deica o día 10 de marzo inclusive, a formalizardes a vosa inscrición.

Bulide! É unha boa oportunidade de formarvos para tentar mudar a vosa situación actual.